lunes, 21 de septiembre de 2015

A miña música preferida.

O meu grupo favorito de música é Love Of Lesbian.

Love Of Lesbian é un grupo de música español indie rock e indie pop procedente de San Vicente dels Horts (Barcelona) para ser máis precisos.

Está integrado por:
  •  Santi Balmes: voz e guitarra.
  •  Jordi Roig: guitarra e teclado.
  •  Joan Ramón Planell: baixo e sintetizador.
  •  Oriol Bonet: batería e programacón.  

Comezaron a tocar en outono do 1997 e cando só levaban uns días tocando, mandaron a súa primeira maqueta a un concurso da revista Ruta 66, onde quedaron en segundo posto, este acontecemento permitiulles gravar por primeira vez nun estudo e actuar na final do concurso que tivo lugar na sala "Magic" de Barcelona.
No ano 1998 chegaron á final do concurso Vila de Bilbao e conseguiron tocar nalgúns festivais nacionais, como o Doutor Music e o BAM.
Nos seus comezos cantaban en inglés, idioma co que publicaron 3 discos, pero tras a incorporación do guitarrista Julián Saldarriaga gravaron o seu primeiro traballo en castelán. Na actualidade contan con discos en ambos idiomas.

   
 
Resultado de imagen de Love Of Lesbian